Daniele germani quartet

jazz

Elegir fecha
El evento

Fecha de evento

Domingo 4 de Agosto


Horario

21:00 h


Tipo de evento

Concierto de Jazz


Entrada

Precio 5€. Venta antcipada desde las 20:30 hasta completar aforo.

 

Lugar

NEMONON C/Marqués de Riestra 11, 1ª (Pontevedra)

daniele germani quartet

Daniele Germani - Saxofón

Daniele Germani é un saxofonista  italiano nacido no 1992. Comezou a tocar o piano aos 4 anos. Aos 11 anos comezou a tocar o saxo alto nas bandas de musica locais.  No 2014, tras completar os seus estudos clásicos, trasladouse a Boston para comezar a carreira de Jazz no Berklee College Of Music. Alí formou parte do Berklee Global Jazz Institute durante 2 anos. En Berklee tivo a oportunidade de estudar e traballar con Danilo Perez, Jim Odgren, Kenny Werner, Dave Santoro e moitos máis. Dende a súa graduación Daniele vive en Nova York, onde toca regularmente nos clubs da cidade e ensina música. Alí traballou con músicos coma Dave Kikoski, Leo Genovese e máis.

 

Daniel Casares - Guitarra

Daniel Casares é un guitarrista de Jazz nacido en A Coruña en 1995. Comezou a tocar a guitarra clásica con 11 anos e aos 13 cambiou á guitarra eléctrica tocando blues inspirado por Eric Clapton ou Jimi Hendrix. No ano 2014 trasladouse a Boston para estudar no Berklee College of Music onde se especializou en Jazz, graduándose no ano 2018 con honores. En Berklee estudou baixo a tutela de Dave Santoro, Darren Barrett, Mick Goodrick, Tim Miller e  Terence Blanchard. Trala súa graduación mudouse a Nova York onde tocou regularmente nos clubes de Jazz da cidade. Dende xaneiro de 2019 liderou con éxito concertos en Galicia no Café Latino, o Jazz Filloa, a Casa de Arriba ou a sala NEMONÓN. En setembro deste ano retornará a Boston para facer un Master no New England Conservatory.

 

Giuseppe Cucchiara - Baixo

Giuseppe Cucchiara é un baixista de Palermo (Italia). Comeza a tocar o contrabaixo de Jazz a una temperá idade. Con 15 anos comeza a tocar nos clubs da escena musical de Sicilia. Aos 19 múdase a Boston para estudar no Berklee College Of Music ao mesmo tempo que saca o seu primeiro album coma líder co lexendario pianista Dado Moroni. En Berklee ten a oportunidade de estudar con Dave Santoro, Hal Crook, Jim Odgren, Neal Smith e máis. Dende 2018 Giuseppe vive en Nova York. Alí estuda en privado con Ron Carter e está facéndose coñecer coma un dos mellores baixistas xoves na escena do Jazz.

 

Francesco Ciniglio - Batería

Nacido en Nápoles (Italia) en marzo de 1989 Francesco Ciniglio comezou a tocar a batería aos 6 anos baixo a tutela do Maestro Sergio Di Natale. Mudouse a Nova York aos 21 anos para atender o City College Of New York, onde tivo a oportunidade de estudar con John Pattitucci, Fred Hersch, Mike Holober, Dan Carillo e Scott Reeves ao mesmo tempo que estudaba en privado con Gregory Hutchinson. No 2016 Francseco publicou o seu primeiro album  con Aaron Parks no piano e Joe Sanders no baixo. Franceso vive en Nova York e nos últimos anos traballou con músicos lexendarios coma Wynton Marsalis, Shai Maestro, Dayna Stephens, Joel Frahm e máis.

 

Colaboradores

Patrocina

Mauro Lomba
Nemonon

volver a

Volver a nemonon