Descripcion

SOÑAR NON CUSTA NADA

ANTÓN SOBRAL

Elegir fecha
El evento

Fecha de evento

Do 3 ao 28 de setembro de 2019


Tipo de evento

Mostra


Horario de visita

De luns a venres:mañans de 12:00 a 14:00 h

tardes de 19:00 a 21:00 h

Sábados:

mañans de 12:00 a 14:00 h

Domingos e festivos pechados


Inaguración

Martes 3 de setembro de 2019 ás 20:00 h

MOSTRA

BIOGRAFÍA

Antón Sobral é un curioso viaxeiro, artista multisoporte, pintor vocacional, fotógrafo, poeta, creador de video, comisario, organizador de encontros de arte e natureza, viaxeiro, lector apaixonado, ningunha actividade creativa lle é allea. Desenvolvolveu desde o ano 1968, no que fixo o primeira exposición, máis de trescentas exposicións. Moitas en toda Galicia. Nos noventa comeza a facer exposicións en Francia, USA, Austria, Italia, Alemaña, Cuba ... países cos que  estableceu un intercambio internacional de artistas da presidencia da Asociación de Artistas Plásticos de Pontevedra. Impartiu moitas conferencias e talleres en todo o mundo.

 

A partir de 1995, comeza a exhibir fóra de Galicia participando nunha exposición núm Kulturmodell en Passau, Alemaña. En 1996 é invitado polo Museo Kloster Asbach en Alemaña. En 1997 tamén o convidan aos "Rencontres Européennes" en Francia. No 1998 expón na Akademie der Bildenden. Küste en Múnich en Alemaña. E en 1999 expón na Sala Branca do Convento

San Francisco de La Habana (Cuba). No ano 2000 amosa a sua obra en Linz (Austria) e Passau (Alemaña). Este mesmo ano ábrese a exposición en Milán (Italia). En 2001 expón no Instituto Cervantes de Viena. En 2003 mostra a súa obra na capela de Santa Ana en Passau, en Alemaña. No 2006 expuxo no Centro de Arte do Consulado da República Bolivariana de Venezuela en Nova York.

Seguiu facendo moitas mostras ata hoxe. Na actualidade esta amosando a sua obra no Castelo de Nauburg en Passau dentro da mostra Wanderlust Galicia-Baviera, mostra da que tamén é comisario.

 

DESCRIPCIÓN DA MOSTRA

 

SOBRE O TÍTULO

“Anoche soñé contigo

Y no estaba durmiendo

Todo lo contrario

Estaba bien despierto

Soñé que no hacia falta

Hacer ningún esfuerzo

Para que te entregaras

En ti yo estaba inmerso

Qué lindo que es soñar

Soñar no cuesta nada

Soñar y nada más

Con los ojos abiertos

Qué lindo que es soñar

Y no te cuesta nada

Más que tiempo”

Esta canción de Kevin Johansen suxeriume o título desta mostra

“SOÑAR NON CUSTA NADA”

 

A palabra fundamental é SOÑAR.

A arte pode que sexa un soño, unha quimera, un xeito de coñecer a realidade, unha microutopía.

A arte tamén ten moito de mirada, de silencio, de contemplación, e como consecuencia de todo esto supón un placer tanto para quen a crea como para o expectador.

 

Esta mostra ten como característica a diversidade de propostas.

Hoxe que se cuestiona tanto a función dos contenedores da arte (moitos museos convertidos en cementerios) os productores de obras de arte debemos reflexionar sobre o sentido que ten o noso traballo.

 

SOBRE A MIÑA OBRA

A arte non ten nen fronteiras nen límites. Por eso o meu traballo mixtura dende pintura tradicional, con novas tecnoloxías aplicadas a arte. Vai dende a fotografía, a poesía, as instalacións, o debuxo, os cadernos de viaxes, os audiovisuais ata a arte e natureza. Todo o que é creatividade me interesa. 

A arte é un xeito de coñecer a realidade. A arte é comunicación. A arte é vivencia intensa de experiencias persoais: emocións, viaxes, derivas, naufraxios, contemplación, silencios frente o mar.

A arte é un constante flow. Un fluir nun estado catártico de acougo, onde a paz interior ou a indignación exterior traducense en formas, cores, composicións, procesos creativos, imaxes….

A arte é aprender a mirar dun xeito distinto. Deitarse frente o acéano mar longas horas. Ollar o horizonte. Observar nubes tumbado na fresca herba mirando o ceo. A arte é deixarse impregnar dun xeito pracenteiro da beleza da danza dos estorniños na vella cidade de pedra. E escoitar atentamente o seus cantos.

A arte é unha caricia suave das nosas xemas sobre a pel doce pola caluga dunha serea. Debuxar mulleres extasiadas que danzan facendo o amor.

A arte é pasear pola beira da praia mollando os pes pola espuma. Debuxar siluetas na area que as ondas van borrando lentamente quedando exclusivamente para sempre na memoria do artista.

A arte é a mirada case imperceptible da transparencia da argueira que as xerfas brancas e ondulantes abanican os meus pensamentos.

A arte e imaxinarse un marco dourado e barroco que encadra perfectamente ese solpor no Atlantico dende o facho de Donón con esas cores laranxas, violetas e bermellas que vanse intensificando canto mais o sol vai escondendose no horizonte.

Arte é tamén a chuvia composta por tantas lágrimas de desesperación de milleiros de persoas que o están pasando tan mal nestes tempos grises-crises diante da indiferencia doutros tantos milleiros que pagarán caro o seu egoismo.

 

 

1. Unha parte deste SOÑO leva por titulo FAME CERO.

 

“Todos los días, muchos hombres y mujeres de todo el mundo tienen dificultades para darles a sus hijos una comida nutritiva. En un mundo en el cual producimos suficiente comida como para alimentar a todas las personas, 821 millones de ellas (una de cada nueve) siguen yéndose a dormir con el estómago vacío todas las noches. Es más, una de cada tres sufre alguna forma de desnutrición.

Erradicar el hambre y la desnutrición es uno de los grandes desafíos de nuestra época.”

Esta información procede do Programa Mundial de Alimentos (WFP) é a organización humanitaria líder na loita contra a fame no mundo.

Hai moitas personas no mundo que loitan contra esta inxusticia.

Eu pretendo coa miña obra FAME CERO poñer en evidencia este grave problema que esporádicamente sae nos medios de comunicación. 

 

Concibo a arte COMO XEITO DE COÑECIMENTO DA REALIDADE.

FAME CERO como obra artística pretende VISIBILIZAR, CONCIENCIARME E CONCIERCIAR A ALGÚN EXPECTADOR DESTE PROBLEMA URXENTE.

CONSITE TAMÉN EN FACER UN ESTUDO DA FAME NO MEU ENTORNO MAIS PRÓXIMO: PONTEVEDRA E GALICIA.

Non necesito ir a Asia ou a Africa para decatarme de que bastantes persoas no meu carón pasan fame.

 

FAME CERO supón sumarme a todas esa miles de persoas que intentan SOLUCIONAR ESTE PROBLEMA VITAL.

 

SOÑAR NON CUSTA NADA.

 

É posible solucionar este problema:

1. FAO: O obxectivo 2 de desenvolvemento sostible do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) é precisamente FAME CERO. Os remito a internet onde hai moita e suxerente información.

 

2. BRASIL E LULA

“Cuando Luiz Inacio Lula da Silva accedió a la presidencia, la FAO (Organización de la ONU para la Alimentación) certificaba que en un país de 175 millones de habitantes, 44 millones -una cantidad equivalente a toda la población española- sufrían hambre y pobreza extrema, con una renta inferior a 1 dólar diario. Casi uno de cada tres brasileños. 

En los siguientes diez años (bajo la presidencia de Lula y de Dilma Rousseff) 28 millones de personas derrotaron a la pobreza. La mortalidad infantil por desnutrición se ha reducido prácticamente a cero en muchas de las regiones más pobres. Brasil se ha colocado a la cabeza de la consecución de los Objetivos del Milenio marcados por la ONU, un ambicioso plan que perseguía erradicar el hambre y la pobreza extrema en 2.015. Un cambio histórico y un éxito sin precedentes que ha convertido a Brasil en una referencia mundial en la lucha contra la pobreza.”

(De Verdad Digital).

 

Concibo a miña obra FAME CERO como un WORK IN PROCESS e dicer UN TRABALLO EN PROCESO. 

 

SOÑAR NON CUSTA NADA

 

Outros proxectos de esta mostra son

 

SILENCIO

MYSTIC LIGHTING

MAR E POESIA

Colaboradores

Patrocina

Mauro Lomba 

Nemonon




volver a

Volver a nemonon