Descripcion

XORNADAS DE CINEMA, VInO E CULTURA

EVENTO MULTISENSORIAL

Elegir fecha
El evento

Fecha do evento

Xoves 25 de maio de 2017, de 20 a 22 h.


Tipo de evento

Multisensorial


Horario

De 20 a 22 h.


CHILE DE NERUDA, ALLENDE E VÍCTOR JARa

Pablo Neruda, premio Nóbel pola excelencia da súa obra, é o poeta maior da república das letras contemporáneas, segundo o canon occidental establecido por Harold Bloom. Ninguén cantou coma el as glorias do viño. Os comentarios de Xavier Castro darán conta das características máis salientables da súa obra literaria e tamén da súa peripecia vital, en particular no período en que resideu en España, nos anos da República, e mantivo cordial relación cos poeetas da xeración do 27 e coa súa compatriota e amiga Gabriela Mistral. Tamén interesa deterse na súa vinculación coa Unidade Popular, que liderada por Salvador Allende e Cantada por Víctor Jara, levou un vento de esperanza a Chile. Combinarase este achegamento coa audición de obras musicais relacionadas co universo nerudiano, ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla, e así mesmo con fragmentos do flime El cartero de Neruda.  

Nesta ocasión poderemos apreciar os excelentes caldos da prestixiosa Adega Aurea Lux, representada polo seu promotor e profesor de socioloxía, Manuel Docampo, acompañados duns petiscos galegos. (máis información abaixo)

Colaboradores

Organiza

ATENEO DE PONTEVEDRA


Conductor da sesión

Xavier Castro


Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto
NEMONON - Espacio multidisciplinar creativo


Adega

AUREA LUX (Cenlle D.O. Ribeiro). Promotor: Manuel Docampo


 

Descripcion de la foto
Descripcion de la foto
Descripcion de la foto

volver a

Volver a nemonon