Descripcion

segunda XORNADA DE CINEMA, VIÑO E CULTURA

EVENTO MULTISENSORIAL

Elegir fecha
El evento

Data de evento

Venres 29 de setembro


Tipo de evento

Multisensorial


Horario

Venres 20:00 a 22:15 h.


Para máis información e reservas:

contacto@nemonon.com o en el teléfono 986 896 725

LISBOA, A VILLE BLANCHE E FERNANDO PESSOA

PRESENTACIÓN

 

Poñerase de manifesto neste evento o elevado poder de evocación que ten un bo viño, posto que como apuntaba certeiramente Álvaro Cunqueiro, non se bebe para olvidar -como adoita rezar o tópico da desventura- senón para recordar. E haberá que lembrar a invocación de Borges expresada nun soneto consagrado ao viño: “Vino, enséñame el arte de ver mi propia historia / como si ésta ya fuera ceniza en la memoria”.

Deste xeito, na 2ª sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura, adentrarémonos no ambiente cultural da cidade de Lisboa, por cuxas rúas deambulaba Fernando Pessoa, como un dandi con aires de flâner baudelairiano recalando nos cafés da Baixa e o Chiado (en cuxos locais estivo tan presente a emigración galega), como A Brazileira, nunha época de desasosego como foi a primeira metade do século XX. Sentirémonos, sen dúbida, animados pola cálida compaña de Marcello Mastroianni no filme Sostiene Pereira (dirixida por Roberto Faenza, no ano 1996), cun guión baseado na novela dun grande amador de Lisboa: Antonio Tabucci. Seguiremos, así, o itinerario lisboeta marcado por Alain Tanner no filme Dans la Ville Blanche (1983) e non sería de estrañar que bateramos con algún dos heterónimos pessoanos convertido en personaxe, como lle aconteceu a Saramago con Ricardo Reis.

O fado de Amália Rodrigues e senlleiras cancións portuguesas, como a que marcou a revolución dos cravos, Grândola, Vila Morena, de José (Zeca) Afonso, proporcionarannos a atmosfera emotiva na que rebuliron nos anos trinta, o galeguista Ramón Martínez López, o polígrafo Gómez de la Serna, o xornalista Julio Camba e, tras do estalido da guerra civil, o filósofo José Ortega y Gasset.

Evocaremos as tabernas emprazadas nos cais da desembocadura do Tejo, onde se falou nun tempo de Teixeira de Pascoaes e a filosofía do saudosismo portugués, divulgada polo grupo Renascença na publicación bimensual A Águia, que Vicente Risco tivo por irmá da revista Nós. Os ecos desta teoría suscitaron o interese dun sector da intelectualidade galega, no que velaban armas Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro, resoltos a indagar na esencia da identidade galega, expresada quer nun humor peculiar, ou quer nunha saudade característica, consideradas ámbalas dúas temáticas dende un prisma heideggeriano.

Deste xeito, os comentarios do condutor da sesión, Xavier Castro, darán conta dos gustos predominantes en materia de viños e outras bebidas e das claves esenciais do devandito poeta. Como contrapunto, escoitaranse en boa hora as achegas do adegueiro ao fronte da Adega Teira (Beade, D.O. O Ribeiro) Manuel Formigo, que presentará os viños que se cataran nesta ocasión, xa que o asisado neste evento é mollar cumpridamente a palabra. A devandita adega do Ribeiro foi merecedora de importantes recoñecementos pola calidade dos seus senlleiros viños, que se catarán nesta ocasión: Formigo Blanco (mestura de Treixadura, Godello, Palomino Fino, Albariño, Torrontés e Loureira), Finca Teira Blanco (primordialmente Treixadura, con Godello e Torrontés), Teira X, tamén branco, e Finca Teira Tinto (principalmente Sousón, e tamén Caiño, Brancellao e Garnacha).

 

Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán con friames e queixo galego de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no Espazo Nemonon. (Prezo: 15 euros)

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

ESPAZO NEMONON & MAURO LOMBA. Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11, Pontevedra.

 

DATA:

29 de Setembro, Venres.

 

HORARIO

20:00 a 22:15 horas.


PREZO:

-15 euros (con dereito a varios viños e petiscos).

-Aforo limitado, polo que é indispensable reservar. Pódese adquirir a entrada, por rigorosa orde de inscrición, en Nemonon & Mauro Lomba (Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11), de luns a venres, en horario de 9 a 15 horas.

 

Para máis información e reservas:

 

Espazo Nemonon & Mauro Lomba (E-mail: contacto@nemonon.com / Teléfono: 986 89 67 25)

Colaboradores

Organiza

ATENEO DE PONTEVEDRA


Conductor da sesión

Xavier Castro


Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto
NEMONON - Espacio multidisciplinar creativo


Adega

Adega Teira (Beade, D.O. O Ribeiro)


Adegueiro

Manuel Formigo

 



 

volver a

Volver a nemonon