Descripcion

o libro dos lugares

anton patiño

Elegir fecha
El evento

Data do evento

Xoves 5 de abril


Horario

20:00 h.


Tipo de evento

Presentación libro


Entrada

Gratuíta ata completar aforo

presentación libro dos lugares

O vindeiro xoves 5 de abril, ás 20.00 h, realizarase no Espazo NEMONON a presentación da última publicación do recoñecido pintor e escritor Antón Patiño, que ten por título Libro dos lugares, da man da Editorial Elvira.

 

Trátase dun escrito moi singular, que desenvolve unha aventura literaria en liberdade. Unha viaxe aos lugares imantados, itinerarios dos encontros nunha fusión de xéneros. Un remuíño de relatos que nos levan á arte, á literatura e á vida. Esculcas de pulsión creativa, pensamento imaxinativo, itinerario do devalo vital. Ensaio, poesía, crónica, narrativa, memoria, soño... nunha mestura redonda e precisa.

 

No evento ademáis do autor estarán presentes a profesora da Facultade de Belas Artes Silvia García, o activista cultural Antón Sobral e o editor de Elvira, Xabier Romero.

 

Para máis información sobre o libro, consultar o enlace da editorial Elvira:

https://editorialelvira.com/products/libro-lugares-patino

Colaboradores

Autor

Antón Patiño


Editorial

Editorial Elvira


Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto
NEMONON - Espazo multidisciplinar creativo arredor da arquitectura

 

volver a

Volver a nemonon