Descripcion

EL OTRO Yo

ENSAYOS FOTOGRÁFICOS SOBRE EL ALTER EGO

Elegir fecha
El evento

Fecha de evento

Desde el viernes 6 hasta el sábado 28 de abril


Horario de visita

De lunes a viernes de 11:30 a 14:30 h.

Tardes y Fines de Semana sólo visita concertada

(Raquel 637 39 13 48) 


Tipo de evento

Exposición


Entrada

Gratuíta

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

"Se algo aprendín logo de andar xa por aquí algo máis de medio século (algo máis de 616 meses no intre no que escribo isto) é que non aprendín nada. E non, non é volver a Descartes ou a Lacan. Nin sequera a Sócrates. É volver a cada un de nós. Curioso, non? Andamos todo o tempo con nós e non sabemos quen somos e, mentalizádevos, é imposible sabelo. E vou máis aló: case que mellor non sabelo. A liberdade é dolorosa pero consiste niso: en aceptar que no fondo non somos. Se algo existe só se é nomeado (a Filosofía leva toda a vida bebendo desa hipótese) nós non existimos de todo porque somos aprehesibles. Ou sómolo para o resto pero nunca para nós. E lonxe de convertir a existencia nalgo volátil, éter deformante que levaría ao relativismo ou aos fanatismos relixiosos ou políticos, o que nos dá, como digo, é liberdade. Podemos ser o que queiramos. Podemos amar máis aló do ben e do mal. Espidos de verdade e non só de pel.

Daquela, que nos queda? Investigar. E facelo, como Wittengenstein anunciou, caendo do lado do amosar máis que do dicir. Ou sexa, recurrindo á arte.

Unha das sublimes é a fotografía. Que se un o pensa ben tampouco é para tanto. Vai de química. Vai de imprimir sobre un soporte (aínda que sexa unha amalgama de bits) o que ve antes un ollo. Pero, claro, na mirada é onde está a clave. Da arte. do amor. Da política. Do sexo. Da vida.

 

Estas catro artistas é o que fan: ter un ollo. Un ollo que son tres e son un. Nas exposicións (artístas espidas, coma quen escribe un libro ou asina unha película) todo o que se expón forma parte da mesma realidade. Por iso digo un só ollo aínda que sexan seis. Porque eu, como espectador que aspiro a saber (eu si podo, non son ningunha das fotógrafas) quen son estas catro mulleres, recibo as imaxes coma un lobo. Cordas, escaleiras, corpos case núos, mans que apreixan o aire. Tanto ten quen as propoña. Son catro ollos que son cerebros que son corpos que son pel que son política, reflexionando sobre elas, sobre nós e, claro, sobre min."

 

FRANCISCO CASTRO

Marzo de 2018

Colaboradores

Organiza

Colectivo AlNorte


Fotógrafía

Cristina Brea

Paula Pez

Raquel Calviño

Rita Ibarretxe


Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto 
NEMONON - espacio multidisciplinar creativo alrededor de la arquitectura


 



volver a

Volver a nemonon