Descripcion

IDENTIDADE E aFECTOS PATRIOS

RAMON VILLARES

Elegir fecha
El evento

Data do evento

Mércores 18 de abril de 2018


Horario

20:00 h.


Tipo de evento

Relatorio arredor do ensaio


Entrada

Libre ata completar aforo

IDENTIDADE e aFECTOS PATRIOS

SOBRE A OBRA

Os ensaios reunidos neste libro teñen un elo común, que é indagar sobre o proceso de creación e bloqueo da identidade galega e a formación dunha narrativa de Galicia como nación cultural.

 

O obxectivo é descubrir valores, prácticas e símbolos que cohesionan unha comunidade, de modo que importan menos os feitos históricos e máis os procesos de construcción deses símbolos e valores, nos que se advirten ademais momentos de mutación, de resignificación e dunha funcionalidade cambiante. A construcción dese repertorio simbólico mediante a escola, o exército, os conflictos territoriais e, ás veces, a relixión. A orixinalidade do caso galego está en que monumentos, festas patrióticas e lugares de memoria foron promovidos por grupos minoritarios que tiveron un apoio esencial das colectividades de emigrantes en América. Héroes como Pardo de Cela, mártires como os de Carral, líderes ou "traidores" como Xelmírez, bardos como Pondal, referentes próximos e distantes como Portugal ou himno e bandeira son fitos que van marcando o territorio desa identidade construída sobre herdanzas do paado, como unha "comuidade imaxinaria" proxectada cara o futuro.

 

SOBRE O AUTOR

Ramón Villares Paz (Xermade, 1951) é un dos historiadores galegos con maior prestixio e cunha obra de recoñecida solvencia na que destaca Foros, frades e fidalgos (1982), coa que obtivo o Premio da Crítica Galicia na modalidade de ensaio, Desamortización e réxime de propiedade (1994) e o ensaio Figuras da nación. Tamén cómpre salientar a súa faceta de divulgador da Historia de Galicia, nos que ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega e que tivo unha enorme repercusión entre os lectores do país.

 

Actualmente é o Presidente do Consello da Cultura Galega.

Colaboradores

Autor

Ramón Villares (historiador, presidente do Consello da Cultura Galega)


Interveñen

Fina Casalderrey (escritora, académica)

Xosé Fortes (historiador)

Ramón Villares


Patrocina

Mauro Lomba Arquitecto 
NEMONON - espazo multidisciplinar creativo arredor da arquitectura


Organiza

Ateneo Pontevedra

 

volver a

Volver a nemonon