Descripcion

cuarta xornada de cinema, vino e cultura

berlin, anos 1920-1930

Elegir fecha
El evento

Data

Venres 11 de maio


Horario

De 20:00  a 22:00 h


Prezo

15 euros (con dereito a varios viños e petiscos)


Reservas

Aforo limitado, polo que é indispensable reservar 


Contacto

email: contacto@nemonon.com

teléfono: 986 896 725

Marqués de Riestra 11, 1º (en horario de 9:00 a 15:00) 

Abertolt brecht, alfred döblin (berlin alexanderplatz)

Pensamos que non é unha mala opción rematar o día cunha boa copa de viño, que non o reclama a sede senón a gratitude coa vida, atendendo o dito de Álvaro Cunqueiro, de que non só se bebe para olvidar, senón tamén para recordar. Nesta cuarta sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura evocarase ao Berlín da época da República de Weimar, entre 1918 e 1933, en que foi o epicentro da cultura occidental e un laboratorio no que se experimentaron novas formas de arte, de liberdade de costumes e de maneiras de enteder a vida e a relación entre os sexos. Un dato elocuente do seu apoxeo: daquela, a capital alemana contaba con cento vinte xornais diarios e con corenta teatros.

 

No medio dunha forte crise económica, co seu corolario de inflación e carestía da vida, a sociedade berlinesa viviu cunha intensa axitación de conciencia, pero tamén con grande vitalidade, as transformacións que se produciron no eido da cultura e das artes, nunha etapa política marcada polo espírito revolucionario e o auxe dos totalitarismos. A insólita riqueza cultural dos anos de Weimar faise patente na vibrante pintura expresionista de Kirchner, Schilchter e Grosz, na poesía e o teatro épico de Bertolt Brecht, sen esquecer o de Piscator, nos plantexamentos da moderna arquitectura racionalista de Gropius, na Bauhaus, e na filosofía da existencia de Heidegger. Pero tamén no cinema artístico da UFA, que impresionaba a Hollywood con filmes artísticos tan desacougantes como Metrópolis, Nosferatu, M. o vampiro de Düsseldorf e O gabinete do doutor Caligari.

 

Contribuíu a este esplendor o talento de literatos como Thomas Man e Alfred Döblin, un grande renovador das letras que, en Berlín Alexanderplatz, serviuse de procedementos narrativos semellantes aos empregados por Joyce no Ulises. Houbo outros escritores que deixaron un valioso testemuño da capital prusiana: Arthur R. G. Solmssen, con Unha princesa en Berlín, e Christopher Isherwood, co engaiolante relato Adeus a Berlín, traducida ao español por Jaime Gil de Biedma. Esta íltima novela inspirou os filmes I am a camera, dirixida por Henry Cornelius, en 1955, e posteriormente a glamurosa Cabaret, de Bob Foss.

 

Nesta sesión, os profesores Xavier Castro e Xoán Luaces-Fandiño adentraranse, cun enfoque multimedia, no ambiente cultural berlinés coa axuda de documentais de excepcional calidade, como Berlín, sinfonía de unha gran ciudad (1927). Haberá, así mesmo, interludios musicais nos que se escoitarán algunhas das míticas cancións que conformaron a banda sonora daquel tempo: o de cabaré, político o transgresor (Kurt Weill), o jazz, a Ópera dos tres peniques, Woyzeck, Lulú e as operetas de Franz Léhar. Escoitaránse as lendarias divas Lotte Lenya, Marlene Dietrich (Lili Marleen) e a máis nova Lizza Minnelli. E non podemos esquecer tampouco os aires da nova música de Schoenberg e Berg que puxeron de actualidade a atonalidade e a técnica dodecafónica.

 

Levarase a cabo tamén, dun xeito ameno, un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata que ao propio tempo constituía unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño. Nesta ocasión, coa compaña do adegueiro Eladio Rodríguez, poderemos apreciar os logros da Adega Arco da Vella, que elabora uns viños artesáns de salientable calidade con uvas procedentes das propias cepas centenarias, situadas en Beade - Ribadavia (na Denominación de Orixe Ribeiro). Deste xeito, a familia de adegueiros que puxo en pé Arco da Vella ven cultivando o amor polos viñedos dende hai varias xeracións, desterrando da súa práctica vitícola o emprego de productos herbicidas e pesticidas. Súmase a isto a concienzuda aplicación na elaboración dos seus viños, e así é como consegue obter uns productos naturais de singulares características organolécticas que polo recendo, cor e padal fan que, con todo merecemento, os podamos inxerir na mellor xinea dos grandes ribeiros tradicionais, que estes adegueiros foron quen de preservar tan cumpridamente. Presentará esta adega o tinto Tarabelo, de cor vermella de cereixa, redondo, largacío e de gorentoso recendo, e non faltará tampouco un branco de resonancias célticas, Torque do Castro, de cabal intensidade, pleno e de prolongado post gusto.

 

Agora ben, como sinalaba otero Pedrayo, non é posible entener a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan de calidade, fiames, salchichas de Frankfurt e queixo galego, que a todo isto da  dereito a inscrición que se efectuará no espazo NEMONON (Prezo 15 leuros). Ao cabo, como se recibía ao público na película Cabaret: Willkommen, Bienvenue, Welcome!

 

INTERVÉN

XAVIER CASTRO

Especialista na historia do viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gatronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e a mesa e manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos, USC)

CONTACTO

f.x.cp@hotmail.com

609 653 228

 

XOÁN LUACES-FANDIÑO

Periodista radiofónico, veu realizando diversos programas para Xornalista radiofónico e de prensa escrita leva a cabo programas para Radio Clásica RNE dende o ano 2011. Foi colaborador periódico en Diario 16, o suplemento El Dominical (Progresa), o Grupo Zeta (revistas corporativas), a revista Elle, Gramophone, Ritmos del Mundo, e a revista Consejos de tu farmacéutico, entre outras. É profesor de xornalismo e medios audiovisuais, e traballou moitos anos na discográfica Boa Música, dentro do selo folmúsica, actualmente Altafonte.

Colaboradores

Intervén

Xavier Castro

Xoán Luaces-Fandiño


Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto
NEMONON - Espazo multidisciplinar creativo arredor da arquitectura


Organiza

Ateneo de Pontevedra



volver a

Volver a nemonon