Descripcion

CONSTRUINDO A ALEJANDRO DE LA SOTA

CONFERENCIA

Elegir fecha
El evento

Data do evento

Luns 14 de maio


Horario

20:00 h.


Tipo de evento

Conferencia


Entrada

Gratuíta ata completar aforo.


Lugar

espazo NEMONON 

c/ Marqués de Riestra 11, 1º (Pontevedra)

Tlfn: 986 896 725

"CONSTRUÍNDO A ALEJANDRO DE LA SOTA"

Conferencia sobre Alejandro de la Sota Martínez, un dos grandes arquitectos españois do século XX, a quen a Real Academia de Belas Artes de Galicia adica o ano 2018.

 

Na gran mostra que acolle actualmente o Museo de Pontevedra, comisariada polos relatores Rafael López e Juan de la Sota, ofrécese por primeira vez unha visión completa da súa traxectoria vital, dende a súa infancia ata a súa madurez, dividida en dúas partes.

 

A primeira parte recrea a súa nenez e adolescencia en Pontevedra, mentres que a segunda parte fai un extenso percorrido polos seus proxectos máis importantes e significativos a través dos fondos custodiados pola Fundación que leva o seu nome. Os proxectos expostos representan as diferentes etapas do seu traballo arquitectónico, non moi extenso, pero si fundamental; e compleméntanse con material bibliográfico, maquetas, debuxos e mobles deseñados polo propio Alejandro.

 

Naceu Alejandro no seo dunha familia ilustrada e recibiu dela uns xenes artísticos que marcaron a súa personalidade. Dende moi neno mostrou unha inclinación especial polo debuxo e a música. Alfonso Castelao foi o seu instructor na forma de entender as caricaturas, que nunca deixou de facer, e Iglesias Vilarelle e José Jané educaron o seu gusto musical con moito tino. Cando só tiña 18 anos fixo a súa primeira exposición de caricaturas na sala da Xunta de Turismo, na rúa Michelena, mostra que compartiu co seu amigo da alma, Ventura de Dios, Turiñas. Logo ambos os dous rapaces foron fundadores da revista Cristal en 1932 e compartiron unha velada inesquecible con García Lorca na casa do Café Moderno.

 

 A Guerra Civil truncou en dúas partes os seus estudos na Escla de Arquitectura de Madrid, tras pasar antes pola Universidade de Santiago. Alejandro pertenceu á primeira promoción da posguerra, titulada en xuño de 1941, e montou un estudio co seu compañeiro e amigo Xavier Lahuerta.

 

A segunda parte céntrase principalmente en oito obras emblemáticas, dende o deseño do "Pueblo de Esquivel", en Sevilla (1952-1963), ata o edificio de Correos de León (1981-1984).

 

Faise fincapé no Goberno Civil de Tarragona (1957-1962), a central leiteira Clesa (1958-1961) e o ximnasio do Colexio Maravillas en Madrid (1960-1962), tres proxectos clave que reflicten un cambio na súa carreira, cando se sacudiu do clascismo imperante e se adscribiu nos postulados da modernidade que comezaba a penetrar timidamente en España, e que representaron Mies van der Rohe e outros arquitectos europeos que emigraron a Estados Unidos.

 

A mostra dedícalle tamén un apartado especial as súas obras máis pontevedresas: a Casa Domínguez na Caeira (1973-1978) e o Pavillón dos Deportes, bos exemplos das súas apostas renovadoras.

 

SOBRE OS RELATORES

 

JUAN DE LA SOTA RUS

Estudou Historia da Arte. Nunca exerceu.

 

Primeiro foi pontor de éxito moi novo: expuso na Galería máis importante de Madrid e vendeu toda a obra.

 

Logo foi fotógrafo durante moitos anos, ata hai pouco en que colgou a cámara para sempre, "porque xa todo o mundo fai fotos co seu móbil". Asegura que a súa filosofía nesta vida é "zafarse": zafarse para sobrevivir e saír adiante.

 

Hai case 20 anos que levaba clamando no deserto por promover unha exposición centrada na relación do seu pai con Pontevedra. Ao fin conseguiuno e está satisfeito do resultado final.

 

RAFAEL LÓPEZ TORRE

Dez anos de xornalismo en Madrid.

 

Vinte anos ao fronte da Voz de Galicia en Pontevedra.

 

Investigador da historia de Pontevedra no século XX e especialista na figura de Daniel de la Sota Valdecilla, sobre que prepara un libro. De aí a súa relación para acometer con Juan a exposición sobre Alejandro de la Sota, que está aberta no Museo Provincial.

 

Vai camiño de 400 crónicas De vuelta y Media todos os domingos no FAro de Vigo dende o ano 2010.

 

Nove libros publicados, case todos relacionados con Pontevedra.

 

 

Colaboradores

Relatores

Juan de la Sota e Rafael López (comisarios da exposición dedicada ao arquitecto Alejandro de la Sota)


Patrocina

Mauro Lomba - Arquitecto
NEMONON - espazo multidisciplinar creativo arredor da arquitectura


Organiza

Ateneo de Pontevedra 




volver a

Volver a nemonon