Descripcion

unha historia de empoderamento

isaac xubín

Elegir fecha
El evento

Data do evento

22 de maio


Horario

De 20:00 a 21:30 h


Tipo de evento

Conferencia


Entrada

Gratuíta ata completar aforo


Donde

espazo NEMONON

c/ Marqués de Riestra 11, 1º (Pontevedra)

conferencia: "UNHA HISTORIA DE EMPODERAMENTO"

Unha historia de empoderamento é un relato persoal en que se evidencian as marcas e as pegadas das viaxes e das linguas sobre a superficie dunha vida concreta. O neno atópase coa realidade lingüística e espacial que o rodea: o contacto coa poesía, a tradución e o deporte. Isaac Xubín explícanos como fixo para tentar chegar un pouco máis aló, máis arriba.

 

SOBRE O RELATOR

Isaac Xubín (A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Elaborou o diccionario bilingüe galego-éuscaro e publicou traduccións, entre as que destacan "Sete poetas vascos" e "Tempo de exilio", de Joseba Sarrionandia, polos que gañou os premios de tradución Lois Tobío (2013) e Etxepare (2015) respectivamente. como poeta publicou "Con gume de folla húmida", Premio Lorenzo Baleirón, 2010; e "A cadencia da fractura" (Xerais 2017), Premio de poesía Manuel Lueiro Rey 2016. como narrador publicou os relatos "Château Bobcat" e "Le pied de Julien DuPry", ambos os dous primeiros  premio do Certame Os Viadutos de Redondela, e a novela "Non hai outro camiño" (Xerais, 2016), gañadora do Premio da Crítica.

Colaboradores

Relator

Isaac Xubín (filólogo, escritor, traductor)


Patrocina

Mauro Lomba Arquitecto
NEMONON - espazo multidisciplinar creativo arredor da arquitectura


Organiza

Ateneo de Pontevedra

 




volver a

Volver a nemonon